VAIVÉN (2023)

VAIVÉN (2023)

DATA DA ESTREA: 12 DE MAIO DE 2023, TEATRO ROSALÍA DE CASTRO, A CORUÑA.

Vaivén é unha peza escénica de danza contemporánea de longo formato que navega en mareas vivas. Trala tormenta, o océano cuspe á beiramar todo aquilo afogado na profundidade. A area está chea de restos inconexos de memoria. Será suficiente este corpo para reconstruíla antes de que volva subir a marea? Unha investigación que se mergulla nas vibracións, nas ondas sonoras e que reverbera, á súa vez, no oceáno interior das emocións.

Duración: 53 minutos

Público: Adulto

Espazo: Teatro, sala alternativa, museo

Mediación: Unha conferencia bailada e sonorizada a través das ondas.

Ficha artística:

  • Coreografía e interpretación: Marcia Vázquez
  • Deseño sonoro: Acacia Ojea
  • Deseño de iluminación: Violeta Martínez e Nacho Martín Ricas
  • Proxeccións audiovisuais: Marta Valverde
  • Deseño de vestiario: Marta García
  • Asesoramento en movemento: Martín Los Arcos
  • Produción: Sabela Ramos
  • Fotografía: Carlota Mosquera
  • Distribución: Lilian Portela, Amarelo Distribución

Apoios

AGADIC, Xunta de Galicia

Colaboran

La Faktoria Coreographic Centre, Residencias Paraíso de Colectivo RPM, Centro Coreográfico María Pagés y Centro de Arte Contemporáneo Huarte.