Marcia Vázquez (Vigo, 1994) Bailarina, creadora, docente e xestora cultural. Comeza polas danzas urbanas dentro do ámbito das batallas, obtendo diversos recoñecementos e premios neste xénero. En 2016 acaba decantándose finalmente pola danza contemporánea, comezando unha formación autodidacta en diferentes obradoiros e festivais, mantendo unha formación continuada con Olga Cameselle. En 2019 é seleccionada pola Red Acieloabierto na bolsa de itinerarios formativos por distintos festivais do estado.
En 2020 entra no centro de formación internacional La Faktoria Coreographic Center en Pamplona onde permanece dous anos sendo parte da 3ª e 4ª xeración, formándose con nomes recoñecidos como David Zambrano, Marta Coronado, Laura Arís, Germán Jauregui, Mark Tompkins, Thomas Häuert, Judith Sánchez, Isael Cruz, Pep Ramis, Carmen Larraz, Laida Aldaz o Daniel Abreu.
Cun claro enfoque cara a creación, en 2021 estrea o seu primeiro espectáculo de rúa "Onde pousa a humidade" dentro do Festival Corpo(a)terra. Recibe dous premios no festival DZM e é seleccionada dentro do Certame Internacional MASDANZA en 2022 con un premio a residencia. Este solo percorre numerosos festivais do estado.
En 2023 estrea o seu primer espectáculo de sala "Vaivén" no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, un espectáculo apoiado polo AGADIC e iniciado nas Residencias Paraíso. A maiores, forma parte dos espectáculos "Bipedestrucción" de Disiden.Cia e "El espacio que (no) habitamos" de Colectivo Veleta.
Traballa en proxectos híbridos con variedade de artistas dentro da videodanza, o audiovisual ou a música, onde destaca o seu último traballo en "Uholdeak" de Olatz Larumbe, seleccionada en numerosos festivais de cine e premiada no Lens Dans Fest de Bruselas.
Con un grao en 2012 en Publicidade e RRPP, en 2013 estuda un dobre Máster en Xestión Cultural e Proxectos de Lecer, coordinando eventos artísticos como o Festival 85C, Cíclicka, Macarena War e, na actualidade, o Festival de danza ESCORA pola Deputación da Coruña que leva a danza á Costa da Morte.
Marcia é unha artista inseparable da súa reivindicación persoal, corpo-comunidade, territorio-identidade.