Residencias Paraíso en la Ciudad de la Cultura  Fotografías por Manuel G. Vicente

VAIVÉN, UNHA CONFERENCIA BAILADA E SONORIZADA (2023)

Mediación paralela á peza Vaivén.

Obxectivos

  • Achegar a danza e música contemporánea a públicos diversos.
  • Permitir un achegamento aos procesos de creación dunha peza escénica.
  • Achegar o movemento como forma de apertura corporal e emocional a públicos diversos.

Público

Todos os públicos.

Número de participantes: ideal 10, máximo 20.

Residencias Paraíso en la Ciudad de la Cultura  Fotografías por Manuel G. VicenteUnha programación ampliada para acompañar o espectáculo de Vaivén. Unha mediación co público máis unha actividade colectiva que enriqueza o achegamento da danza contemporánea e as súas vertentes a persoas con ou sen experiencia en danza.

Este proxecto divídese en dous partes, que poden ir en conxunto ou por separado:

Primeira parte: conferencia bailada e sonorizada.

Únense varias vertentes, a física cuántica, o son e o movemento, as tres co eixo temático das ondas e as frecuencias.

Nesta conferencia, explicamos que é unha onda, cales son os seus partes, como se transmite. Que produce a vibración sonora nos nosos corpos e como movernos desde aí.

Acacia e Marcia expoñen en directo todo este mundo ondulante da física, pero desde un prisma artístico, dotándolle á ciencia de poesía. Unha experiencia multisensorial. Por unha banda, Acacia levará son e vídeo como ferramenta para a experimentación. Marcia mostrará no seu corpo o movemento ondulante no espazo. Unha forma de romper a división entre ciencia e arte, que tanto se retroalimentan.

Segunda parte: actividade de movimento colectivo.

Seguindo a liña anterior, promovemos unha actividade grupal onde usaremos as frecuencias sonoras para axudarnos ao movemento. Os corpos comezarán a ondularse axudándose das vibracións.

Unha práctica que permite abrir o corpo desde o coidado e as necesidades persoais, evitando a dor e gañando rango articular e apertura muscular.

Deixarémonos ir no imaxinario marítimo, como o noso corpo segue as ondas dun mar bravo? como é un mar calmo nas nosas extremidades superiores? como afecta unha choiva torrencial na nosa columna vertebral?

Entre o imaxinario e o físico, dámoslle vía libre ás emocións de aparecer en colectivo. Danzamos e nos ondulamos en conxunto.