Onde pousa a humidade

ONDE POUSA A HUMIDADE (2021)

DATA DE ESTREA: Festival Corpo(a)terra 3/09/2021

Onde pousa a humidade é un solo que profunda na relación coa espera. Inspírase na Costa da Morte, Galicia, costa con máis naufraxios de Europa. “Unha oda ás mulleres, as que sempre agardan a que o océano lles devolva, polo menos, os restos de ósos dos seus parentes. Mentres, o sal cuartea as mans que tecen, rede a rede, o que as mantén en terra”.

Espectáculo premiado en Plataforma DZM cunha mención especial "por levar o local, lonxe". Espectáculo seleccionado polo Certame Internacional MASDANZA 2022, premiado con residencia en Teatro Cuyás.

Este espectáculo pasou por numerosos festivais: Cádiz en Danza, Dansa Metropolitana, Extensión MASDANZA, Quincegotas, La Espiral Contemporánea, Galicia Escena Pro, Lugo en Danza, Dansa MiNiMa, entre outros.

Duración: 14 minutos

Público: Tódo los públicos

Espazo: Rúa e espazos non convencionais. Posibilidade de teatro.

Ficha artística:

  • Dirección e interpretación: Marcia Vázquez
  • Música: Leilía / Mercedes Peón
  • Paisaxe sonora: Guillermo Alfaro e Marcia Vázquez
  • Asesoramento de movemento: Carmen Larraz
  • Asesoramento escénico: Paula Ramis e Raquel Jara
  • Distribución: Lilian Portela, Amarelo Distribución

Apoios

A Faktoria Choregraphic Centre.

Onde pousa a humidade