Danza contemporánea en Galicia
Son moitas veces as que reflexiono sobre a danza contemporánea en Galicia. Estamos nun armazón social e territorial que nos esquina nesta península.
Nunha terra que é batida polo mar, polo vento, por unha variedade metereolóxica e húmida que nos representa, está claro que non pasa por alto no que corresponde á danza contemporánea galega.
Galicia, ese territorio que tanto se relaciona co gastronómico, co paisaxístico, ten a sorte de contar Cun gran número de artistas e compañías no territorio. Son moitos os esforzos que dedicamos a manter a danza contemporánea, ou o que sexa a danza en sí, en Galicia.
Apoio das institucións
Na dúbida constante de se quedarnos ou marcharnos, de se podemos centrar os nosos esforzos por crear e danzar na nosa comunidade, son moitas as cordas frouxas que atravesamos. Nunca falta a resistencia, e hai un desexo xeneralizado, considero, por manternos aquí, na Galiza.
Prestixio nacional e internacional
Sexa como sexa, o que considero que as creacións galegas teñen unha esencia común, da cal síntome afortunada de poder admirar. Hai esa honestidade, esa procura polo sincero, polos movementos internos, que xa non son só danza contemporánea. É unha verdadeira preocupación por achegarse a visións do mundo sensibles, delicadas pero á vez crúas, sinceras.
E todo isto xera unha comunidade, unha identidade. Máis aló de abanderarnos de formar dun territorio ou outro, simplemente escribo isto como unha carta de recoñecemento. Unha pequena análise nada contrastado sobre a danza contemporánea, sobre os corpos que bailan en Galicia. Sobre os corpos que non poden bailar en Galicia pero levan ese anaquiño fóra.
Lonxe de toda obxectividade, deixando totalmente as miñas impresións e ilusións neste texto, desexo que vos chegue a nosa danza, a nosa contemporaneidade tradicional ou a nosa tradición contemporaneizada. Que vos chegue unha batida de mar, vento, choiva, e moita memoria a través dos nosos corpos.